Friday 10 de May de 2024

O alumnado da formación sobre Industrias Alimentarias impartida en Ambar celebrou o acto de fin de curso


Hoxe o Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional foi escenario do acto de fin de curso da Formación de Operacións Auxiliares nas Industrias Alimentarias.

Durante 6 meses e 340 horas de formación, 220 h. teóricas e 120 h. prácticas, o alumnado tivo a oportunidade de formarse no sector das Industrias Alimentarias, realizando a súa formación práctica nos supermercados Gadis, Eroski e Dia, adquirindo as competencias necesarias para sacar o maior proveito desta formación.

Nese período tamén tiveron a oportunidade de traballar as súas competencias para busca activa de emprego co orientador laboral así coma nas charlas impartidas por Adriana Rego do Grupo Cycle ou con Gonzalo Triñanes de Suministros Industriales Triñanes.

Os alumnos e alumnas desta formación tamén tiveron a oportunidade de achegarse a outros sectores como a restauración, a través da charla con Miguel Mosteiro de Gastro Lab Arousa,
comprender como funciona a industria alimentaria da man de Juan Carlos Rama, director de RRHH de Corporación Empresarial Congalsa, e o sector dos eventos con Melisa Cespón, encargada de compras e azafata en Chicolino Restauración.

Ao acto asistiron Maite Pais, Alejandro Silva, Antonia María Pérez, Dolores Ferreira, José Antonio Rey, Luz Ces, Mary Fe Salazar, María de los Ángeles García, Ricardo Rama e Vanesa Villar, quenes formaron o grupo que finalizou este curso.

Tamén estiveron presentes Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar; Helena Teira, coodinadora xeral; Daniel Tojo, orientador laboral; Jaime Capilla, coodinador da formación; Jéssica Estévez, preparadora laboral e Irene Paz mestra da formación.

Unha formación cofinanciada pola Fundación ONCE e polo Fondo Social Europeo (FSE). O FSE inviste no teu futuro.